Arquivos da etiqueta: Concello de Pontevedra
Pontevedra: Obradoiro de creación literaria Canto como conto. As cores da música na lingua, impartido por Cristal Méndez (Maga de Voz)
O Obradoiro de creación literaria Canto como conto. As cores da música na lingua, é unha iniciativa da Escola de Escritoræs da AELG, co patrocinio e colaboración do Concello de Pontevedra.
Este obradoiro, impartido por Cristal Méndez Queizán (Maga de Voz), coa intervención nunha das sesións de Marga do Val, está dirixido a persoas que utilizan a voz e a expresión oral (poetas, contacontos, actrices e actores, locutores, cantantes etc. ) e que procuran unha comunicación máis auténtica, profunda e persoal co público.
Con metodoloxía práctica e individualizada, e de orientación “somática”, aborda a estreita relación entre música, canto, fala, emoción e sensación, revisando a complexa convivencia entre a linguaxe verbal e a musical.
Deste xeito, incide na linguaxe das sensacións revalidando os elementos comunicativos preverbais da voz (sons “animais”, interxeccións, timbres e efectos) que conectan cunha comunicación emotiva, xenuína e rica en matices.
– 15 prazas dispoñíbeis para persoas maiores de 18 anos.
– A inscrición, gratuíta e obrigatoria, farase mediante correo electrónico en [email protected] indicando o nome, apelidos e o nome do obradoiro. As prazas asignaranse por orde cronolóxica de chegada das solicitudes.
– O obradoiro desenvolverase na Aula da Escola de Escritoras-es da AELG (Seminario 7), no Pazo da Cultura de Pontevedra (Rúa Alexandre Bóveda, s/n).
Calendario
– Días: sábados 12 e 26 de abril; e 3, 10 e 24 de maio de 2025.
– Horarios: de 10:30 a 13:30 h.
Información sobre protección de datos
A/O responsábel do tratamento é a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega. A finalidade do tratamento é a prestación do servizo que se detalla na solicitude ou actividade organizada. A base legal do tratamento é o cumprimento dunha obriga contractual na prestación dun servizo. Os seus datos conservaranse unicamente durante os prazos de prescrición legalmente aplicábeis. Pódense comunicar os seus datos a terceiras/os organizadoras/es ou colaboradoras/es da actividade. No caso de solicitar certificado de asistencia, os seus datos comunicaranse ao/á impartidor/a da actividade. Pode acceder, rectificar, suprimir os seus datos e nos casos determinados opoñerse ao tratamento, limitar o seu uso ou portar a outra/o responsábel. Tamén pode solicitar a tutela da Axencia Española de Protección de Datos ou presentar unha reclamación ante a mesma.
Pontevedra: XXVI Salón Internacional do Libro Infantil e Xuvenil
Pontevedra: acto polo Día de Rosalía 2025
O sábado 22 de febreiro, ás 12:30 h., no Bar Verbena, Lucía Novas lerá o manifesto da AELG, nun acto ambientado polo colectivo O Fruto e a Serpe, onde o público está convidado a participar nun recital de micro aberto. Esta actividade terá lugar dentro das propostas do Concello de Pontevedra e o seu Servizo de Normalización Lingüística con motivo do Día de Rosalía de Castro.
CITA na Pontevedra de tinta e pedra, Paseo escrito sobre Pontevedra, elaborado por Elena Gallego Abad
Aquí pode consultarse e descargar libremente o Paseo CITA na Pontevedra de tinta e pedra, escrito por Elena Gallego Abad, unha iniciativa da AELG desenvolvida coa colaboración e patrocinio do Concello de Pontevedra. No caso de utilización de texto e/ou fotografías, debe facerse constar a autoría.
Pontevedra: Culturgal 2024, actividades do 29 de novembro
Pontevedra: Festival de poesía Veñan as cinco, do 25 ao 27 de outubro de 2024
O 30 de setembro, Día Internacional da Tradución, botou a andar o XIII Obradoiro de Tradución Poética en San Simón
XIII Obradoiro Internacional de Tradución Poética Con barqueira e remador
Josefina Arruti: tras a pegada das que quedaron, Paseo escrito sobre Pontevedra, elaborado por Montse Fajardo
Aquí pode consultarse e descargar libremente o Paseo Josefina Arruti. Tras a pegada das que quedaron, escrito por Montse Fajardo, unha iniciativa da AELG desenvolvida coa colaboración e patrocinio do Concello de Pontevedra.